CINEUROPA
AS COUSAS DO QUERER
LA FEMME D’A CÔTÉ / A MULLER DO LADO (1981)
François Truffaut
Francia / 106 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Gérard Depardieu, Fanny Ardant, Henri Garcin, Michèle Baumgartner
Ficha técnica:
Guión: François Truffaut, Suzanne Schiffman, Jean Aurel
Fotografía: William Lubtchansky
Edición: Martine Barraqué
Produción: François Truffaut
Sinopse:
Bernard Coudray e Mathilde Bauchard foron amantes anos atrás, pero as súas vidas tomaron camiños separados. Cando ela se muda co seu marido a unha casa xunto á de Bernard e a súa familia, o reencontro esperta unha paixón que crían esquecida. O desexo e a culpa arrástranos a unha relación tan inevitable como destrutiva.