CINEUROPA
AS COUSAS DO QUERER
L’IMPORTANT C’EST D’AIMER / O IMPORTANTE É AMAR (1975)
Andrzej Żuławski
Francia / 108 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Romy Schneider, Fabio Testi, Jacques Dutronc, Klaus Kinski
Ficha técnica:
Guión: Andrzej Zulawski. Baseado nunha novela de Christopher Frank
Fotografía: Ricardo Aronovich
Edición: Christiane Lack
Produción: Albina du Boisrouvray, Léo L. Fuchs
Sinopse:
Servais Mont, fotógrafo freelance que traballa para gánsteres facendo fotografías comprometedoras, irrompe durante a rodaxe dunha película porno para captar imaxes de Nadine Chevalier, unha actriz casada que sobrevive en producións de escaso prestixio. Atraído pola súa vulnerabilidade, Servais decide axudala e financia ás agachadas unha obra de teatro que podería relanzar a súa carreira, soñando con conquistar o seu amor.
Premio á Mellor Actriz Principal (Romy Schneider) nos César 1976
Premio á Mellor Actriz Principal (Romy Schneider) no Festival de Taormina 1975