CAN CUN QUINQUÉ
HERDANZA ITINERA é unha xornada dedicada á danza contemporánea que propón unha inmersión no corpo como espazo de relación, memoria e transformación. Ao longo do día, a Casa das Máquinas convértese nun lugar de encontro entre práctica, pensamento e creación, combinando un obradoiro aberto coa presentación de diferentes pezas escénicas.
A proposta articúlase arredor de tres momentos: pola mañá, o obradoiro Abrir o corpo, desbordar a danza, unha práctica de movemento con Javier Arozena de acceso libre previa inscrición; ao medio día, dous espectáculos de formato breve: DÂNSÂI, de Adrián Herrera, e Tánguela, de Myriam González, de acceso libre até completar capacidade; e, xa na noitiña, unha creación de longo formato KIND de Javier Arozena – La Compañía tamén con acceso de balde até completar cabida.
En suma, un percorrido que convida a habitar a danza desde múltiples perspectivas, abrindo preguntas sobre o corpo, a identidade e os modos de estar xuntas.
HERDANZA ITINERA, é unha actividade coordinada por Can Cun Quinqué e integrada na programación de artes escénicas de Compostela Cultura que abre un espazo para experimentar, compartir e expandir os límites da danza contemporánea.
Preme en cada ligazón para acceder a máis información sobre as sesións da xornada:
ABRIR O CORPO, DESBORDAR A DANZA
- Práctica de movemento con Javier Arozena
- 11.30 h · Casa das Máquinas
- Duración estimada : 90 min
- Acceso de balde previa inscrición
DÂNSÂI, de Adrián Herrera | TÁNGUELA, de Myriam González
- 14.00 h · Casa das Máquinas
- Duración estimada: 15 min cada peza
- Acceso libre ata completar capacidade
KIND, de Javier Arozena – La Compañía
- 21.30 h · Casa das Máquinas
- Duración estimada: 55 min
- Acceso libre ata completar capacidade