GOLFA

DATOS BÁSICOS

PRIMERA TOMA-CRÉMILO

Unha mañá aparece fronte á porta dun instituto unha pintada que di “GOLFA”, un insulto anónimo que destapa a historia que o precede.

Amanda e Fran foron parella hai uns meses, adolescentes cuxa experiencia é a de tantos, unha relación que se viu truncada. Este feito non tería relevancia algunha se inmediatamente despois desta ruptura Amanda non sufrise un terrible acoso virtual que leva aos seus pais a denunciar a posible autoría de Fran. Ata que non se aclaren os feitos a dirección do instituto decide apartar a Fran das súas clases.

Ante uns feitos cada vez máis confusos, a xuíza encargada do caso propón unha opción co ánimo de que a escalada de sucesos non vaia a máis: un acordo cordial consistente nun encontro online co sexólogo Jordán Gómez, unha sesión de sexoloxía á que han de asistir Fran, Amanda e a nai de Fran coa particularidade de que estes encontros serán de libre acceso online pedindo lista e identificándose. Todos/as seremos testemuñas desta sesión de sexoloxía.

Dramaturxia e dirección: Jose Padilla

Axudante de dirección: Irene Montes e  Sabela Alvarado

Reparto: Pedro Rubio, Mercedes Borges, Ninton Sánchez e Ana Varela

Espazo escénico: PRIAMO. Eduardo Moreno e Natalia Moreno
Iluminación: Pau Fullana

Vestiario: Anna Fajardo

Canción orixinal: Efecto Pasillo

Espazo sonoro: Alberto Granados

Asesoramento en saúde sexual: Cristián Gallego, Fundación Sexpol

Produción executiva: Alicia Álvarez e Carlos M. Carbonell

 

Idade recomendada: > 12

Lingua: castelán

#posfunción: Ao remate, charlaremos co elenco e coa sexóloga Bárbara Penas Rey e a educadora social Isabel Presas Cacheda.

Duración: 
70 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • 14 euros. Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 19 Maio, 2022
20:30
Teatro Principal