FESTIVAL C · OBRADOIRO DE CIRCO NO PARQUE

DATOS BÁSICOS

ARTES ESCÉNICAS · CIRCO

CIRCO NO PARQUE NO VERÁN

CIRCONOVE

O proxecto docente de Circonove desembarca no Parque de Galeras para mergullar a rapazada nas diferentes técnicas circenses. Acrobacias, malabares, equilibrios, danza, clown, teatro, ritmo e creación de xoguetes malabares sempre adaptadas ao nivel e momento de cada participante, ocuparán as mañás dos luns, martes, mércores e venres do Festival C para que a cativada poida descubrir e aventurarse no mundo do Novo Circo. Todas as actividades desenvólvense a través de xogos que fomentan o traballo en equipo e o respecto entre as e os participantes. Recoméndase que traian unha botella de auga e, no caso, algo de almorzo na súa bolsiña. 

A participación é de balde previa inscrición en circonoveoficina@gmail.com. Na solicitude débese indicar o nome completo e idade da/o participante e datos e teléfono da persoa adulta ao cargo. Cada grupo está limitado a 25 participantes e as prazas iranse cubrindo por orde de inscrición.

(Foto: Manuel G. Vicente)

 

 

Velaquí o calendario de sesións segundo grupos de idade

  • Xeral, para a rapazada de entre 3 e 14 anos de idade:
    • Luns 4, 18 e 25 de agosto. De 11.30 a 13.30 horas
    • Mércores 6, 20 e 27 de agosto. De 11.30 a 13.30 horas
    • Venres 8, e 22 de agosto. De 11.30 a 13.30 horas
  • Específicos para o público máis miúdo, de entre 3 e 5 anos de idade:
    • Martes 5 e 19 de agosto. De 11.30 a 13.00 horas

 

 

Duración: 
90 - 120 min
Acceso: 

 

  • Prazas esgotadas!
  • Grupos de até 25 participantes
  • As sesións dos martes 5 e 19 están dirixidas están dirixidas a crianzas de 3 a 5 anos
  • O resto de sesións están dirixidas á rapazada de 3 a 14 anos
  • O punto de encontro e recollida dos materiais será a Casa das Máquinas. A comitiva circense desprazarase despois ao parque de Galeras

 

Info práctica: 
Luns, 4 Agosto, 2025
11:30 a 13:30
Parque de Galeras
Martes, 5 Agosto, 2025
11:30 a 13:00
Parque de Galeras
Mércores, 6 Agosto, 2025
11:30 a 13:30
Parque de Galeras
Venres, 8 Agosto, 2025
11:30 a 13:30
Parque de Galeras
Luns, 18 Agosto, 2025
11:30 a 13:30
Parque de Galeras
Martes, 19 Agosto, 2025
11:30 a 13:00
Parque de Galeras
Mércores, 20 Agosto, 2025
11:30 a 13:30
Parque de Galeras
Venres, 22 Agosto, 2025
11:30 a 13:30
Parque de Galeras
Luns, 25 Agosto, 2025
11:30 a 13:30
Parque de Galeras
Mércores, 27 Agosto, 2025
11:30 a 13:30
Parque de Galeras