O 23 de decembro depáranos un día enteiro de actividades para a cativada máis cativa e para socializarmos co galego como ferramenta e coa música, os contos, o xogo, a danza, o teatro, a maxia, os recursos... como experiencias enriquecedoras. Unha verdadeira festa para rematar o ano!
A programación comeza ás 12 e remata ás 20 h no Auditorio de Galicia. Haberá espazos para experimentar, como as mostras de recursos, os xogos de Paporrubio e de Brazolinda ou a imprenta tipográfica. Haberá tamén citas artísticas en paralelo para podermos escoller entre moitas opcións e o día pechará cun gran concerto da sempre aclamada Uxía Lambona e a Banda Molona.
A entrada é aberta e de balde ata completar a capacidade en cada actividade:
Xogos de Mesa | Brazolinda
Recibidor. De 12 h a 14 h e de 16 a 19 h
Experimentación para toda a familia
Recursos para a igualdade | Atlantic Ponte
Recibidor. De 12 h a 14 h e de 16 a 19 h
Mostra comentada para as persoas adultas
Iniciativa Xabarín | A Mesa pola Normalización Lingüística
Recibidor. De 12 h a 14 h e de 16 a 19 h
Mostra comentada para toda a familia
Libros e música | Libraría Couceiro
Recibidor. De 12 h a 14 h e de 16 a 19 h
Exposición e venda
Xogos Paporrubio
Recibidor. De 12 a 14 e de 16 a 19 h
Xogos tradicionais para toda a familia
Imprenta tipográfica | Alouette Machine
Recibidor. De 12 a 14 e de 16 a 19 h
Obradoiro continuado. Para +3 anos
Argallando desexos | Miudiño
Recibidor. De 12 a 14 e de 16 a 19 h
Obradoiro continuado. Para +3 anos
Triscus Beliscus | Rilo e Penadique
Sala Ángel Brage. Dúas sesións: 12 e 12.45 h
Espectáculo escénico e musical. De 0 a 3 anos
Carapuchiña e os cinco lobiños | Ángeles Goás
Cafetaría LASSO. 12.30 h
Contos. De 0 a 3 anos
Na Casa | Caramuxo Teatro
Sala Ángel Brage. 13.15 h
Teatro escénico. De 1 a 6 anos
Baile tradicional | Artur Puga
Zona de exposicións. Dúas sesións: 16.30 e 18 h
Obradoiro para toda a familia
A nena e os tres osos | Bea Campos
Cafetaría LASSO. 16.45 h
Contos. A partir de 1 ano
Degustación de imposibles | Joshua Kennet
Sala Mozart. 17 h
Maxia para toda a familia
Corochas | Atenea García
Cafetaría LASSO. 18 h
Contos. A partir de 1 ano
Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona
Sala Ángel Brage. 19 h
Concerto familiar