FACEMOS E XA VEMOS · CONVERSA CON ANA MOURE ROSENDE

DATOS BÁSICOS

Ana Moure Rosende desenvolve parte do seu traballo dentro do colectivo La cuarta piel onde explora, entre outras cuestións, como vivir xuntas e relacionarnos co territorio a través da práctica artística colectiva.

Nesta conversa aberta ao público, Ana  comparte unha serie de proxectos de investigación realizados polo colectivo que reflexionan sobre a relación co entorno e a transdisciplinariedade na práctica artística. A través de distintos exemplos observaremos como podemos relacionarnos co territorio e  repensar a nosa convivencia co mundo.

A entrada será de balde e permitirá coñecer a instalación 'Acumulacións dun presente moi pasado' que está ubicada nun dos espazos da Zona C e a que teremos que entrar equipadas cunha lámpada frontal. Na instalación, Ana e o colectivo La cuarta piel, imaxinan unha expedición humana a futuras formacións xeolóxicas creadas polos residuos acumulados nas marxes urbanas.

 

Duración: 
60 min (aprox.)
Acceso: 
  • Entrada de balde
Info práctica: 
Mércores, 14 Xaneiro, 2026
18:00
Zona "C"