'ESENCIAL' DE VAIVÉN CIRCO

DATOS BÁSICOS

EnFamilia

Idade recomendada: a partir de 5 anos

Duración: 55 min

‘Esencial’ é un espectáculo que fala de transicións. Cinco personaxes que xogan, que soñan, unha viaxe de aventuras que nos levará a lugares recónditos nos que a decisión vital será tomar o camiño máis simple.

Este novo espectáculo de Vaivén Circo preséntase cunha posta en escena inspirada no ‘Arco da Vella de Waldorf, un xoguete composto por pilares e arcos que propician unha espectacular escenografía.

Vaivén Circo son Premio Nacional de Circo 2016.

Autoría: Vaivén Circo e Javi Parra

Colaboración na creación: Jokin Oregui

Dirección: Javi Parra

Adaptación: Vaivén Circo

Escenografía: Vaivén Circo/ Pepe del Pino

Vestiario: Juan Prohibido

Música: Daniel Maldonado “Sam”

Iluminación e son: J. C. Tamajon (TAMA)

Elenco artístico: Miguel Moreno “Bolo”, Raquel Pretel Ferrándiz/Celia Sako, Irene de Paz, Chema Martín e Manolo Carambolas/Emilio Pérez.

 

Web da compañía: http://www.vaivencirco.com/

Duración: 
55 min
Información da billeteira: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

4 €

Bono familiar (4 entradas): 12 € (só se vende no despacho de billetes)

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Se a función é fóra dese horario, o despacho abrirá unha hora e media antes do seu inicio. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Domingo, 9 Maio, 2021
18:30
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural