DESHÁBITAT

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

DES-HÁBITAT é o encontro de catro sobreviventes. Como facer habitable o inhóspito, como atopar harmonía no hostil. Catro personaxes en busca dun espazo vital.

Espectáculo xestual, de coreografías circenses, que nos fala desde a acrobacia, a danza, con chiscadelas ao flamenco. En definitiva unha historia contada desde o movemento.

DES-HÁBITAT fálanos do lugar onde nunca pasa nada, pero onde queremos estar, ese sitio que nos fai sentir ben e que nos acolle, ás veces dános unha de cal e outras una de area pero sempre nos dá, sempre nos achega.

Uns personaxes que queren tranquilidade, que mostran a súa paz, que cooperan para conseguila pero, como normalmente ocorre nas relacións humanas, xorden rifas que se han de superar, sempre con humor, con poesía, con circo, nun ambiente que nos transportará a un mundo cheo de matices.

Neste que será o seu cuarto espectáculo DES-HÁBITAT, a compañía Vaivén Circo quere achegar ao público a un mundo diferente, cunha estética especial, facer que durante a hora que dura o espectáculo todo o mundo queira estar dentro do mesmo.

Espectáculo enmarcado dentro de PLATEA, o Programa Estatal de Circulación de Espectáculos de Artes Escénicas en Espacios das Entidades Locais, organizado polo INAEM en colaboración coa FEMP (Federación Española de Municipios y Provincias).

+INFO: Web da compañía

Duración: 
55
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.
Teléfono: 981 542 349
compostelacultura.gal

Prezo: 4 € (Bono Familiar: 4 entradas por 12 €, só na billeteira)

Funcións: 
Sábado, 20 Outubro, 2018
18:30
Teatro Principal