DE VILATRISTE A VILALEGRE

DATOS BÁSICOS

TEATRO Ó CUBO

Idade recomendada: a partir de 3 anos
Duración:  50 min
Lingua: galego

EN FAMILIA · ARTES ESCÉNICAS · TEATRO DE RÚA E MONICREQUES

Trepas é o alcume dun habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar á vila das fauces dun malvado dirixente. Xunto a unha inusual superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará? De Vilatriste a Vilalegre é unha divertidísima creación de Teatro ó Cubo para pequenas e maiores en coprodución co Centro Dramático Galego no seu 40 aniversario.

FICHA ARTÍSTICA

Dirección: Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño
Elenco e manipulación: Uxía Algarra e Roberto Casal
Texto: Roi Vidal
Deseño e plástica: Beatriz de Vega

 

Duración: 
50 min (aprox)
Acceso: 

Acceso libre até completar capacidade

Info práctica: 
Sábado, 15 Novembro, 2025
18:00
Casa das Máquinas
MULTIMEDIA

A Utópica Rodante "De Vilatriste a Vilalegre"