CURTOCIRCUÍTO 2026 · PSICOXEOGRAFÍAS: KRAKATOA (PE)

DATOS BÁSICOS

Psicoxeografías é unha programación composta por catro filmes que exploran a realidade e a existencia humana desde formulacións moi diferentes, pero comprendidas todas elas dentro da ampla etiqueta da etnografía experimental. Catro propostas que, na súa exploración da linguaxe audiovisual, entroncan coa nosa programación live AV, especialmente Krakatoa, que chega a Curto na súa versión expandida, que incluirá performance lumínica, desbordando así a idea convencional de proxección. En definitiva, catro pezas que se aproximan á paisaxe como espazo físico, simbólico e emocional, conectando coas investigacións sobre a imaxe, o tempo e o territorio.


Krakatoa
(Krakatoa)
2026
CARLOS CASAS
79 min
EXP

A película narra o último día de Kesuma, un mozo pescador Bagan que sobrevive pescando na súa plataforma de bambú, a poucos quilómetros da illa volcánica de Krakatoa en Indonesia. Despois dunha dura noite de pesca, na que os peixes desapareceron misteriosamente, Kesuma pasa a súa mañá reparando as súas redes e limpando a súa plataforma, cando unha gran explosión e un tsunami o envolve, arrasándoo todo ao seu paso. Errando na procura de comida e auga, percorre costas áridas e unha selva exuberante, e atópase con formas de vida estrañas. Buscando refuxio nunha cova, afúndese nunha viaxe alucinatoria a través de eras xeolóxicas, ríos de lava e a propia abstracción, ata chegar a un clímax inimaxinable.



AVISO: Esta sesión emprega imaxes ou luces estroboscópicas que poden afectar a persoas fotosensibles

Duración: 
79 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

AVISO: Esta sesión emprega imaxes ou luces estroboscópicas que poden afectar a persoas fotosensibles

Info práctica: 
Venres, 3 Xullo, 2026
21:00
Auditorio de Galicia