CURTOCIRCUÍTO 2025 · SUPERNOVA 2

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2025 · SUPERNOVA 2

Esta sección naceu para dar un espazo a eses primeiros traballos que non teñen fácil acceso a grandes circuítos de difusión profesional. O festival quere proporcionar a cineastas emerxentes a oportunidade de presentar, defender e acompañar os seus filmes fronte profesionais da produción, a programación e a realización con maior experiencia que poidan cuestionar as propostas e enriquecer os coloquios.

Senda Estrela
2025
EVA VAELI, MANU SACOGA
0:09:40
EXP, FIC
Tras rebuscar entre os anacos da súa infancia, a protagonista emprenderá unha viaxe para realizar algo insólito, celebrar o seu propio funeral.

Cristal
2025
ANA SÁNCHEZ, MARA VARELA
0:21:05
EXP, DOC
Catro rapaces reúnense nunha casa coa necesidade de habitala colectivamente. Todos comparten as súas preocupacións, medos e aspiracións. Que é o que os une neste lugar abandoado e inhóspito?

Pupa
2025
ANTÍA CARREIRA
EXP
Vídeoensaio que explora a relación co corpo en persoas trans non binarias entre 20 e 30 anos na Galiza, cuestionando a norma cis que impón límites á identidade. A través de imaxes entre o natural e o cirúrxico, a transformación comeza coa apertura dunha crisálida. Un ser sen ás xorde, marcado antes de nacer, nunha ferida que só a rede de afectos pode suturar. Unha reflexión sobre a resistencia colectiva e a posibilidade de existir sen renunciar á sociedade.

Delirio Sketchs
(Delirium Sketches)
2025
BEA SAIÁNS
0:16:00
FIC
Os sketches recompilados baixo o nome de "Delirium Sketches", están dispostos en tres volumes independentes, cargados de intensidade e humor febril, nos que se abordan desde o surrealismo, os grandes temas que preocupan á mocidade. (A morte polo cambio climático, a identidade, ou o perdidos que estamos no universo...). Con coreografías, cancións, reportaxes e cameos estelares da cultura queer underground galega, os múltiples sketches mesturan linguaxes (TV, artes escénicas e cinema) e funcionan como escintileos dun caleidoscopio que apunta á realidade. Toda esta tolemia hilariana foi realizada por un equipo enteiramente queer.

O que non se agache
(El que no se agache)
2025
AGUSTÍN SEGURA PRADO
0:24:51
DOC
Ao revisar unhas filmacións da miña infancia reflexiono sobre emocións relacionadas coa miña sexualidade. A partir dunha narración persoal, xunto con experiencias doutras persoas, creo un retrato sobre diferentes infancias e adolescencias LGBT.

Duración: 
80 MIN
Acceso: 

Prezo: 4 € 

Á venda en:

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal for a súa localización. Horarios: durante a celebración do festival (do 1 ao 6 de xullo) desde unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o inicio da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349

Información ABONOS CURTOCIRCUÍTO

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Venres, 4 Xullo, 2025
17:30
Teatro Principal