CURTOCIRCUÍTO 2025 · COSMOS 5

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2025 · COSMOS 5

 

Sección competitiva

Cosmos nace no 2023 para romper as barreiras entre xéneros e a procedencia das películas, poñendo a dialogar o cinema narrativo máis arriscado coas propostas de vangarda. A diversidade cultural e outros retos da nosa sociedade terán un espazo para a visibilización e a reflexión.

[Imaxe: Fotograma do filme Archipelago of Earthen Bones — to Bunya, de Malena Szlam]

 

Arquipélago de osos de terra —a Bunya
(Archipelago of Earthen Bones — to Bunya)

2024
MALENA SZLAM
0:20:00
DOC
Arquipélago de ósos de terra —a Bunya forma parte dunha constelación cinematográfica que se estende ao longo do Pacífico, desde Chile ata Australia. Malena Szlam enfoca a súa cámara en paisaxes volcánicas remotas, ás veces áridas e outras veces verdes. As cegadoras exposicións múltiples da película evocan as historias superpostas do monte Beerwah e as montañas Bunya, que dan nome ao filme, trazando un camiño ao longo da cordilleira central oriental de Australia, iluminada polo resplandor da erupción do Hunga-Ha'apai. As evocacións ambientais da película profúndanse aínda máis coas gravacións de campo e as atmosferas sonoras do artista Lawrence English.

O xardín das delicias eléctricas
(The Garden Of Electric Delights)

2025
BILLY ROISZ
0:11:50
ANI, EXP
Billy Roisz ama a materialidade da súa arte, os seus efectos sinápticos e físicos. Os sinais de vídeo están interconectadas con precisión cos impulsos de audio. A través do complexo deseño das superficies de cor, Roisz penetra profundamente no tecido virtual das súas abstraccións, dotándoas de presenza espacial.

Duración: 
30 min ( aprox.)
Acceso: 
  • De balde até completar capacidade
Info práctica: 
Venres, 4 Xullo, 2025
22:30
Praza da Quintana