CURTOCIRCUÍTO 2025 · COSMOS 4
Sección competitiva
Cosmos nace no 2023 para romper as barreiras entre xéneros e a procedencia das películas, poñendo a dialogar o cinema narrativo máis arriscado coas propostas de vangarda. A diversidade cultural e outros retos da nosa sociedade terán un espazo para a visibilización e a reflexión.
[Imaxe: Fotograma do filme El cuento de una noche de verano, de María Herrera]
Home número 4
(Man Number 4)
2024
MIRANDA PENNELL
0:09:54
DOC
Gaza, decembro de 2023. Unha confrontación cunha inquedante fotografía nas redes sociais suscita preguntas sobre o que significa ser un espectador.
Ohio Sonata
(Ohio Sonata)
2025
LLUIS GALTER
0:16:15
EXP, FIC
Un episodio de telenovela de arquivo sobre o amor, a culpa e a traizón ambientado en Cleveland, Ohio. John é un renombrado oncólogo de Cleveland. El e Mary Ann sempre estiveron xuntos. Bob, o fillo dela, traballa nun bufete de avogados con Ginger, a mellor amiga de Mary Ann. Ginger e John comezan unha historia de amor tras o accidente de coche de Mary Ann. Bob ten unha idea para vingar a súa nai. Necesitará a axuda de Jim, un avogado recentemente contratado no bufete de Ginger. Susan, a noiva de Jim, oculta o seu embarazo inesperado. Bob sabe por que. Se o plan de Bob funciona, sería a proba definitiva do amor que Susan necesita.
Mergulladores
(Divers)
2025
GEORDIE WOOD
0:07:00
EXP, DOC
Guiado polos ritmos diarios dun campamento de elite de saltos de altura, Mergulladores documenta a inquieta expectación de camiñar ata o bordo da plataforma e a fugaz serenidade que se atopa ao saltar.
Julián e o vento
(Julian and the Wind)
2024
CONNOR JESSUP
0:16:00
FIC
Dous compañeiros de habitación dun internado comparten unha estraña experiencia relacionada co sonambulismo.
O conto dunha noite de verán
(El cuento de una noche de verano)
2024
MARÍA HERRERA
0:22:00
FIC
Aínda que apenas se coñecen, Inés e Guille conectan rapidamente mostrando unha complicidade inusual para unha primeira cita. Parecese mesmo como se a calor sufocante cesara mentres durmían xuntos. Inés quere que, antes de durmirse, vexan xuntos o amencer.