CURTOCIRCUÍTO 2025 · CLAUSURA

DATOS BÁSICOS

Como colofón a esta edición do festival, celebraremos un acto de clausura onde faremos a entrega de premios aos ganadores das distintas categorías e proxectaremos un dos filmes ganadores. O acto de clausura estará presentado por Nuno Pico.

Nuno Pico

Se alguén que estea lendo isto me coñece, seguramente o faga por Grande Amore, o grupo no que levo cantando por aí adiante ("cantando" daquela maneira, pero cantando ao fin e ao cabo) dende finais de 2019. Se alguén non me coñece, é unha sorte. Por partida dobre, ademais. Sorte para esa persoa, porque igual estivo dedicando o seu tempo a cousas máis gratificantes que escoitar Grande Amore, e na vida tampouco é que haxa moito tempo para malgastar. E sorte tamén para min, porque así podo pasar a ser coñecido por alguén xa non como "Nuno o de Grande Amore" senón como "Nuno, o que empezou 2017 almorzando dous durums seguidos no kebab de Burela", ou "Nuno, o que sacou un 9 en Dirección de fotografía e iluminación o ano do COVID, sen ter absoluta idea nin de dirección de fotografía nin de iluminación e facendo un traballo final debuxando un storyboard terrorífico no paint".

Duración: 
90 MIN
Acceso: 

De balde previa retirada de convites (máx. 2 por persoa) en: 

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Domingo, 6 Xullo, 2025
20:00
Teatro Principal