CONTEMPORÁNEAS 2025-2026
VERTIXE SONORA
Violín: Jacobo Hernández
Saxofón: Pablo Coello
Guitarra eléctrica: Nuno Pinto
Acordeón: María Mogas
Piano: David Durán
Percusión: Diego Ventoso
Medios electrónicos: Iván Ferrer-Orozco
SEMENTEIRA
Estreas absolutas de:
Violeta Cruz (Bogotá, Colombia, 1986)
Tianyu Zou (Guangzhou, China, 1996)
Po Chien Liu (Kaohsiung, Taiwan, 1988)
O conxunto galego Vertixe Sonora, referente internacional da música contemporánea, propón unha das citas máis experimentais do ciclo. O concerto reúne catro estreas absolutas de Violeta Cruz (Bogotá, Colombia, 1986), Tianyu Zou (Guangzhou, China, 1996) e Po Chien Liu (Kaohsiung, Taiwan, 1988) que exploran o son como materia viva.
PROGRAMA
Violeta Cruz (Bogotá · Colombia ·1986)
Siembra (2026) *
3 tambores, acordeón, percusión, electrónica
Po Chien Liu (Kaohsiung · Taiwan · 1990)
Abschattung for Sextett *
violín, saxofón, guitarra eléctrica, acordeón, piano, percusión, electrónica
Tianyu Zou (Guangzhou · China ·1996)
Étude SORA (2024)*
violín, saxofón, teclados, percusión
Étude (2025) *
violín, saxofón, guitarra eléctrica, acordeón, teclados
Deixar caer grans, pedras, maínzos de grixo, botar area, salpicar na auga… Xestos familiares que nos conectan coa infancia. Memoria de experiencias táctiles redescubertas a través da escoita. A materia acumulada dá testemuño do tempo. E tamén de sons pasados. Composta de puntos e fileiras de son, como pingas, como regatos, a música transpórtanos a un tempo antigo e a unha experiencia ritual. Un discurso á vez familiar e descoñecido, sinxelo e misterioso que afonda no escuro enigma da existencia enraizándonos na terra, evocando a humildade coa que cada unha das partículas máis pequenas forma parte dun todo. Que nos precede. Que continuará cando xa non esteamos aquí. Expresando, a través do son, a tensión e o equilibrio entre a terrible fraxilidade e, ao mesmo tempo, a tenaz resiliencia da vida na historia milenaria do universo.