VERTIXE SONORA · SEMENTEIRA

DATOS BÁSICOS

CONTEMPORÁNEAS 2025-2026

VERTIXE SONORA

Violín: Jacobo Hernández
Saxofón: Pablo Coello
Guitarra eléctrica: Nuno Pinto
Acordeón: María Mogas
Piano: David Durán
Percusión: Diego Ventoso
Medios electrónicos: Iván Ferrer-Orozco

SEMENTEIRA

Estreas absolutas de:
Violeta Cruz (Bogotá, Colombia, 1986)
Tianyu Zou (Guangzhou, China, 1996)
Po Chien Liu (Kaohsiung, Taiwan, 1988)


O conxunto galego Vertixe Sonora, referente internacional da música contemporánea, propón unha das citas máis experimentais do ciclo. O concerto reúne catro estreas absolutas de Violeta Cruz  (Bogotá, Colombia, 1986),  Tianyu Zou (Guangzhou, China, 1996) e Po Chien Liu (Kaohsiung, Taiwan, 1988) que exploran o son como materia viva.

 

PROGRAMA

Violeta Cruz (Bogotá · Colombia ·1986)

Siembra (2026) *

3 tambores, acordeón, percusión, electrónica

Po Chien Liu (Kaohsiung · Taiwan · 1990)

Abschattung for Sextett *

violín, saxofón, guitarra eléctrica, acordeón, piano, percusión, electrónica

Tianyu Zou (Guangzhou · China ·1996)

Étude SORA (2024)*

violín, saxofón, teclados, percusión

Étude (2025) *

violín, saxofón, guitarra eléctrica, acordeón, teclados

 

Deixar caer grans, pedras, maínzos de grixo, botar area, salpicar na auga… Xestos familiares que nos conectan coa infancia. Memoria de experiencias táctiles redescubertas a través da escoita. A materia acumulada dá testemuño do tempo. E tamén de sons pasados. Composta de puntos e fileiras de son, como pingas, como regatos, a música transpórtanos a un tempo antigo e a unha experiencia ritual. Un discurso á vez familiar e descoñecido, sinxelo e misterioso que afonda no escuro enigma da existencia enraizándonos na terra, evocando a humildade coa que cada unha das partículas máis pequenas forma parte dun todo. Que nos precede. Que continuará cando xa non esteamos aquí. Expresando, a través do son, a tensión e o equilibrio entre a terrible fraxilidade e, ao mesmo tempo, a tenaz resiliencia da vida na historia milenaria do universo.

Duración: 
60 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Martes, 13 Xaneiro, 2026
20:30
Auditorio de Galicia