CHARLA CON JUAN MANUEL CASTRO PRIETO E RAFAEL TRAPIELLO

DATOS BÁSICOS

SOLOVKI

Juan Manuel Castro Prieto e Rafael Trapiello falarán sobre a experiencia e as viaxes que diron como resultado as imaxes que, até o 27 de xuño, se poden ver na sala de exposicións do Auditorio de Galicia.

Sobre esta viaxe escribe Antonio Muñoz Molina:

«O frío e o esquecemento» «Ningún dos dous me parece que chegase nunca tan lonxe como nesta viaxe a Solovki: tan lonxe no pasado en branco e negro e na negrura do gulag; tan lonxe nesas paisaxes nas que calquera figura humana adquire un dramatismo de naufraxio, e nas que toda presenza, toda memoria, se van disolvendo segundo a mirada da viaxe vai chegando máis cara ao norte, cara a eses horizontes que terminan na bruma e nas chairas de neve nas que se perdían para sempre sen rastro os exploradores polares do século XIX, cara a ese arco iluminado á entrada dunha fortaleza que foi mosteiro e prisión e castelo de irás e non volverás, cara a ese atardecer rosado no que termina unha estrada chea de fochancas, cara á negrura absoluta na que parece mergullarse o mundo, cun asomo de claro azulado de bosque moi lonxe, cun ceo que non se sabe se é de amencer, pero que sexa o que sexa é unha fronteira máis alá da cal xa non pode seguir a viaxe, nin pode haber máis fotos, nin máis imaxes, ningún recordo, só o frío e o esquecemento da desaparición»

______

Juan Manuel Castro Prieto (1958, Madrid). Autodidacta, a súa vinculación coa fotografía comeza en 1977. É membro da Axencia Vu desde o ano 2000; en 2015 foi galardoado co Premio Nacional de Fotografía. A súa obra foi obxecto de numerosas exposicións e recoñecementos.

 https://www.castroprieto.com

Rafael Trapiello (Madrid, 1980), Desenvolve a súa carreira profesional como fotógrafo desde 2006. Membro do colectivo NOPHOTO desde 2014 e membro fundador do colectivo Nación Rotonda. O seu traballo enmárcase no chamado novo documentalismo.

 http://nophoto.org/rafaeltrapiello

 

Duración: 
60 MIN
Acceso: 

RETIRADA DE INVITACIÓNS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Info práctica: 
Mércores, 2 Xuño, 2021
18:00
Auditorio de Galicia