CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO. CINEASTAS DO PRESENTE
DOCS CINEUROPA
BAJO LAS BANDERAS, EL SOL (2025)
Juanjo Pereira
Paraguai, Arxentina, Francia, Estados Unidos, Alemaña / 90 min / Documental / Castelán
Ficha técnica:
Guión: Juanjo Pereira
Fotografía: Francisco Bouzas, Pascual Glauser
Edición: Manuel Embalse
Produción: Ivana Urizar, Gabriela Sabaté, Paula Zyngierman, Leandro Listorti, Juanjo Pereira
Sinopse:
A partir de 120 horas de imaxes de arquivo, este documental afonda na maquinaria oculta da ditadura de Alfredo Stroessner en Paraguai, un dos réximes máis longos da historia contemporánea. Desde a propaganda ata as emisións internacionais, o filme revela como os medios de comunicación moldearon o poder, controlaron a memoria colectiva e construíron un legado que aínda perdura hoxe.
Juanjo Pereira é director artístico e programador do Festival Internacional de Cine Contemporáneo de Asunción e deseñador de imaxe e son na Universidade de Bos Aires. Participou en programas internacionais como Berlinale Talents, Málaga Talents e IDFAcademy, e recibiu galardóns como o Premio Especial do Xurado no INAP, o FONDEC e o Premio Lumière. Bajo las banderas, el sol, é a súa ópera prima.
Premio do Público na Berlinale 2025
Gran Premio do Festival Internacional de Cine Independiente de Buenos Aires (BAFICI)