Abe Rábade Trío presenta o seu novo disco, ‘Sorte’, conformado por 12 composicións orixinais con Abe Rábade ao piano, Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería.
Coa suxerente idea-forza da Sorte como “grupo de elementos que emerxeron por medio do azar”, cada peza do álbum representa un estado de ánimo ou unha fonte magnética de inspiración. O abano estético do material vai desde a música clásica ao blues, pasando pola influencia da música tradicional de Galiza, a experimentación tímbrica de vangarda e, por suposto, os elementos interactivos e espontáneos tan propios do jazz.
A estructura de S O R T E consta de 4 trípticos, que representan unha dimensión da sorte:
- SORTE MÍSTICA: Orballo, Pálpito & Fluido.
- SORTE ÉPICA: Ideas, Travesía & Victoria.
- SORTE ÍNTIMA: Desencanto, Desexo & Lúa.
- SORTE LÚDICA: Amencida, Calma & Retorno.
ABE RÁBADE TRÍO
O trío nace en Boston no 1996 co galego Paco Charlín ao contrabaixo e o búlgaro Val Tzenkov a la batería. No 2000 aséntase en Galiza e grava o seu primeiro disco, Babel de Sons (2001), con Paco Charlín ao contrabaixo e Ramón Ángel Rey á batería. Nos seguintes anos lanzan Simetrías (2002), Playing on light (2006), actúan en festivais de jazz da Península Ibérica, en Cuba e en Marrocos e participan diferentes proxectos.
A finais do 2006, Nelson Cascais incorpórase ao contrabaixo e desde 2008, Pablo Martín Caminero está ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería, conformando a formación existente na actualidade, xunto a Abe Rábade.
Publican Zigurat (2010) e A Modo (2012), presentado nunha xira en Centroamérica. No 2013 ve a luz Versons, o primeiro conformado unicamente por versión. Premio Martín Códax ao mellor disco do ano. Tránsitos (2015) recolle a obra orixinal de Abe Rábade para o seu trío con Orquestra Sinfónica.
Os seus últimos traballos son Once (2016) e Doravante (2018), presentado no Festival de Jazz de Monterey (California, EEUU).
Abe Rábade, piano
Pablo Martín Caminero, contrabaixo
Bruno Pedroso, batería
Web: https://aberabade.com/gl/