Seis días para descubrir outra Compostela coa Semana do Patrimonio Invisible e As Noites do Patrimonio
10/09/2026
- A oitava edición da Semana do Patrimonio Invisible desenvolverase do 7 ao 11 de setembro con visitas en grupos reducidos a espazos habitualmente fechados ou de acceso restrinxido
- A participación é gratuíta e e require inscrición previa a través dun formulario que estará dispoñible o venres 4 de setembro ás 12.00 horas en patrimonioinvisible.gal e compostelacultura.gal
- As Noites do Patrimonio comezarán o venres 11 cun faladoiro de Roger Bernat e vivirán o sábado 12 a súa xornada central, con visitas, portas abertas, música e creación contemporánea por toda a cidade
