PALABRAS NOS PETOS

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

ACTIVIDADES PARALELAS

PALABRAS NOS PETOS

Un espectáculo participa(c)tivo, musical e todoterreo!

Teresa Larraga

 

Duración: 45 min

Idade recomendada: 4-10 anos

Lingua: castelán

Ficha artística e técnica:

Adaptación, dirección e interpretación: Teresa Larraga

Cómplice artística: Joane Reymond

Supervisión dos textos: Antoine Jaccoud

Escenografía: Nicole Grédy

Vestiario: Olivier Falconnier

Tradución: Nicole Bieri

Cartel: Noyau

Produción, distribución e administración: Teatro Frenesí e Ginevra della Casa Reymond

Colaboración: Natacha Kmarin e Carole Buschmann

Sinopse: Esopinetta, gardiá e agasalladora de palabras, tenta devolverlle a voz a Motus, un neno que, afundido nunha profunda tristeza, decidiu deixar de falar. Para interpretalo, convida un neno ou unha nena do público a subir ao escenario e participar na representación, facendo de cada función unha experiencia única.

Teresa Larraga é actriz, cantante, pallasa e directora teatral. Formouse en teatro, danza e música na Escola de Teatro Dimitri e especializouse tamén en canto lírico como mezzosoprano. En 2007 fundou a compañía Teatro Frenesí, coa que desenvolve unha traxectoria multidisciplinar que combina creación escénica, música e clown. Trilingüe en español, italiano e francés, leva máis de 25 anos explorando as posibilidades da linguaxe e da comunicación.

 

 

Duración: 
45 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

- Para as proxeccións de todas as salas:

  • compostelacultura.gal
  • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
  • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 

- En cada sala, para as proxeccións dese espazo:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
  • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal

ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Sábado, 14 Novembro, 2026
12:30
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA