UTOMLENNYE SOLNTSEM/ BURNT BY THE SUN/ QUEIMADO POLO SOL

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA 40 ANOS

Nikita Mikhalkov

Rusia, Francia / 141 min / Ruso, francés

Ficha artística:

Nikita Mikhalkov, Ingeborga Dapkunaite, Oleg Menshikov, Nadezhda Mikhalkova, 

Vyacheslav Tikhonov

Ficha técnica:

Guión: Nikita Mikhalkov e Rustam Ibragimbekov

Fotografía: Vilen Kalyuta

Edición: Enzo Meniconi

Produción: Nikita Mikhalkov e Michel Seydoux

Sinopse:

No verán de 1936, o coronel Serguei Kotov, heroe da Revolución bolxevique, pasa uns días de descanso coa súa familia nunha casa de campo. Pero a  calma finaliza coa chegada de Dimitri, un antigo amante da súa muller que desaparecera dez anos antes e que agora traballa para a policía secreta de Stalin. A familia recibe con afecto o visitante, que axiña se achega á pequena Nadia, filla de Kotov. Pero baixo esa aparente harmonía medra a tensión entre os dous homes.

 

GRAN PREMIO DO XURADO E PREMIO DO XURADO ECUMÉNICO NO FESTIVAL DE CANNES 1994

MELLOR PELÍCULA EN LINGUA ESTRANXEIRA NOS ÓSCAR  1995

 

 

Duración: 
141 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal

ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Mércores, 18 Novembro, 2026
15:30
Auditorio de Galicia