CINEUROPA
CINEUROPA 40 ANOS
TRAS EL CRISTAL (1986)
Agustí Villaronga
España / 110 min / Castelán
Ficha artística:
Günter Meisner, David Sust, Marisa Paredes, Gisèle Echevarría, Imma Colomer
Ficha técnica:
Guión: Agustí Villaronga
Fotografía: Jaume Peracaula
Edición: Raúl Román
Produción: Teresa Enrich
Sinopse:
Durante a Segunda Guerra Mundial, o doutor Klaus torturou, asasinou e abusou de numerosos nenos nos campos de concentración nazis. Tras a guerra, un intento de suicidio obrigarao a permanecer conectado a un pulmón de aceiro, axudado unicamente pola súa muller, Griselda, e a súa filla, Rena. A chegada dun mozo que se ofrece para coidalo dá lugar a unha sórdida relación marcada polo desexo, a vinganza e a fascinación polo mal.
MELLOR ÓPERA PRIMA NOS PREMIOS SANT JORDI 1988