CINEUROPA
CINEUROPA 40 ANOS
TIDELAND (2005)
Terry Gilliam
Reino Unido, Canadá / 120 min / Inglés
Ficha artística:
Jeff Bridges, Jennifer Tilly, Jodelle Ferland, Janet McTeer, Brendan Fletcher
Ficha técnica:
Guión: Tony Grisoni e Terry Gilliam. Baseado na novela homónima de Mitch Cullin
Fotografía: Nicola Pecorini
Edición: Lesley Walker
Produción: Gabriella Martinelli, Jeremy Thomas, Paul Brett, Peter Watson, Rhonda Baker, Wladyslaw Bartoszewics e Nick O'Hagan
Sinopse:
Jeliza-Rose é unha nena que vive cos seus pais, ambos os dous drogodependentes. Tras a morte da súa nai, marcha co seu pai, Noah, a unha vella casa de campo onde el falece pouco despois. Soa nun ambiente desolado, a nena refúxiase na súa imaxinación e constrúe un mundo fantástico no que os vagalumes teñen nome, os homes de barro espertan ao solpor, tiburóns monstruosos nadan polas vías do tren e cabezas seccionadas de Barbies comparten as súas aventuras.
PREMIO FIPRESCI NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN 2005