SPLENDOR

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA 40 ANOS

SPLENDOR (1989)

Ettore Scola

Italia, Francia / 115 min / Italiano, francés

Ficha artística:

Marcello Mastroianni, Massimo Troisi, Marina Vlady, Paolo Panelli, Pamela Villoresi

Ficha técnica:

Guión: Ettore Scola

Fotografía: Luciano Tovoli

Edición: Francesco Malvestito

Produción: Mario Cecchi Gori, Vittorio Cecchi Gori, Alain Poiré e Nicolas Seydoux

Sinopse:

Jordan é o propietario do Splendor, un vello cinema de provincias que herdou do seu pai e que tenta manter aberto malia a caída da asistencia e as dificultades económicas. Coa axuda da súa compañeira, Chantal, e do proxeccionista Luigi, loita por conservar a sala, que se converteu nun punto de encontro para a comunidade. Mentres o cinema perde espectadores e se achega ao peche, os recordos das películas proxectadas e das persoas que pasaron por alí mestúranse coa vida dos protagonistas, nunha homenaxe á maxia do cinema e á transformación dos hábitos culturais.

 

CINTA DE PRATA Á MELLOR FOTOGRAFÍA NOS PREMIOS DO SINDICATO NACIONAL DE XORNALISTAS CINEMATOGRÁFICOS ITALIANOS 1989

 

 

Duración: 
115 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal

ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Sábado, 7 Novembro, 2026
18:00
Salón Teatro
MULTIMEDIA