CINEUROPA 40 ANOS
RED ROAD (2005)
Andrea Arnold
Reino Unido, Dinamarca / 109 min / Inglés
Ficha artística:
Kate Dickie, Tony Curran, Martin Compston, Natalie Press, Paul Higgins, Andrew Armour
Ficha técnica:
Guión: Andrea Arnold
Fotografía: Robbie Ryan
Edición: Nicolas Chaudeurge
Produción: Carrie Comerford, Gillian Berrie e Sisse e Graum Jørgensen
Sinopse:
Jackie traballa como operadora das cámaras de vixilancia do concello de Glasgow. Día tras día, observa a vida doutras persoas a través dos monitores, mentres mantén as distancias e procura non implicarse en nada. A súa rutina cambia cando recoñece nas imaxes a Clyde, un home do seu pasado que pensaba que nunca volvería ver. Agora que ten a oportunidade de enfrontarse a el, sente que non pode eludila.
PREMIO DO XURADO NO FESTIVAL DE CANNES 2006
PREMIO CARL FOREMAN Á MELLOR ÓPERA PRIMA BRITÁNICA NOS BAFTA 2007