CINEUROPA 40 ANOS
MORRER COMO UN HOMEM (2009)
João Pedro Rodrigues
Portugal, Francia / 133 min / Portugués
Ficha artística:
Fernando Santos, Gonçalo Ferreira de Almeida, Alexander David, Chandra Malatitch, Jenny Larrue, Cindy Scrash, Miguel Loureiro
Ficha técnica:
Guión: João Pedro Rodrigues e Rui Catalão
Fotografía: Rui Poças
Edición: Rui Mourão e João Pedro Rodrigues
Produción: Joaquim Sapinho, Maria João Sigalho, Sandra Fanha e Judith Nora
Sinopse:
Tonia, unha veterana artista transxénero dos espectáculos de travestismo de Lisboa, ve como o seu mundo se esboroa: a súa posición como estrela está ameazada pola competencia de artistas máis novas. Presionada polo seu mozo, Rosário, para asumir plenamente a súa identidade como muller e someterse a unha operación de reasignación sexual, Tonia enfróntase ás súas máis profundas conviccións relixiosas. Para afastarse dos seus problemas, marcha con Rosário ao campo. Tras perderse, ambos chegan a un bosque encantado, un mundo máxico onde coñecen á enigmática Maria Bakker e á súa compañeira Paula. Este encontro cambiará o rumbo das súas vidas.