CINEUROPA
CINEUROPA 40 ANOS
L’ENFER / HELL / O INFERNO (1994)
Claude Chabrol
Francia / 102 min / Francés
Ficha artística:
Emmanuelle Béart, François Cluzet, Nathalie Cardone, André Wilms, Marc Lavoine
Ficha técnica:
Guión: Claude Chabrol. Adaptación do guión orixinal de Henri-Georges Clouzot
Fotografía: Bernard Zitzermann
Edición: Monique Fardoulis
Produción: Marin Karmitz
Sinopse:
Nelly e Paul son unha parella feliz. Mentres el dirixe o fermoso hotel que acaba de mercar no campo, á beira dun lago, ela coida do fillo de ambos. Porén, os celos de Paul comezan a medrar ata converterse nunha obsesión que o leva a vixiar cada movemento da súa muller e a interpretar calquera xesto como unha proba de infidelidade. A medida que perde o control, a súa percepción da realidade distorsiónase e a vida da parella convértese nun inferno.