CINEUROPA 40 ANOS
HUO ZHE / TO LIVE / VIVIR! (1994)
Zhang Yimou
China / 133 min / Mandarín
Ficha artística:
Ge You, Gong Li, Niu Ben, Jiang Wu, Fei Deng, Guo Tao, Ni Dahong
Ficha técnica:
Guión: Yu Hua e Lu Wei. Baseado na novela homónima de Yu Hua
Fotografía: Lü Yue
Edición: Du Yuan
Produción: Fu-Sheng Chiu, Funhong Kow e Christophe Tseng
Sinopse:
Fugui, fillo dunha familia acomodada, perde a fortuna familiar por mor da súa afección ao xogo. Xunto á súa muller, Jiazhen, deberá reconstruír a súa vida e afrontar as consecuencias da guerra civil, a instauración do réxime comunista e as transformacións políticas e sociais do país. Ao longo de varias décadas, a familia sufrirá perdas e adversidades, mais tamén atopará motivos para seguir adiante.
GRAN PREMIO DO XURADO, MELLOR ACTOR (GE YOU) E PREMIO DO XURADO ECUMÉNICO NO FESTIVAL DE CANNES 1994
MELLOR PELÍCULA EN LINGUA NON INGLESA NOS BAFTA 1995