VERTIGO/ VERTIXE

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

AS INMORTAIS DE HITCHCOCK

VERTIGO / VERTIXE (1958)

Alfred Hitchcock

Estados Unidos / 128 min / Thriller psicolóxico / Inglés

Ficha artística:

James Stewart, Kim Novak, Barbara Bel Geddes, Tom Helmore, Henry Jones

Ficha técnica:

Guión: Alec Coppel, Samuel A. Taylor e Maxwell Anderson. Baseado na novela De entre os mortos de Pierre Boileau e Thomas Narcejac

Fotografía: Robert Burks

Edición: George Tomasini

Produción: Herbert Coleman e Alfred Hitchcock

Sinopse:

Scottie Ferguson, un antigo detective da policía de San Francisco que sofre vertixe e medo ás alturas, acepta o encargo dun vello amigo para seguir a súa esposa, Madeleine, cuxo comportamento estraño parece estar relacionado cunha muller morta hai moitos anos. Fascinado por ela, Scottie mergúllase nunha investigación que se transforma nunha obsesión, na que se confunden a memoria, o desexo e a identidade.

CUNCHA DE PRATA E PREMIO ZULUETA AO MELLOR ACTOR (JAMES STEWART) NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN 1958

 

Duración: 
128 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

- Para as proxeccións de todas as salas:

  • compostelacultura.gal
  • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
  • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 

- En cada sala, para as proxeccións dese espazo:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
  • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal

ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Xoves, 12 Novembro, 2026
18:00
NUMAX
MULTIMEDIA