CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO. CINEASTAS DO PRESENTE
SEIS MESES EN EL EDIFICIO ROSA CON AZUL (2026)
Bruno Santamaría Razo
México, Brasil, Dinamarca / 105 min / Castelán
Ficha artística:
Jade Reyes, Sofía Espinosa, Lázaro Gabino, Eduardo Gómez, Valeria Vanegas, Anuar Vera, Teresa Sánchez, Valentina Cohen, Nara Carreira, Demick Lopes
Ficha técnica:
Guión: Bruno Santamaría Razo
Fotografía: Fernando Hernández García
Edición: Andrea Rabasa Jofre, Bruno Santamaría Razo e Marília Moraes
Produción: Bruna Haddad, Carlos Quiñónez e Bruno Santamaría Razo
Sinopse:
Cidade de México, comezos dos anos 90. O día que Bruno fai 11 anos namórase do seu mellor amigo, Vladimir. Esa noite, o seu pai recibe un diagnóstico de VIH positivo que transforma a vida familiar. Como nas cancións de salsa, a súa familia tenta cantar e bailar para espantar a dor. Trinta anos despois, Bruno filma e reimaxina a memoria daqueles acontecementos que, cando era neno, non chegou a comprender de todo.
Bruno Santamaría é un cineasta mexicano que no seu traballo explora a memoria, os segredos e a infancia. Traballou como director de fotografía e realizador de documentais. Con Cosas que no hacemos (2020) recibiu diversos recoñecementos internacionais, entre eles o premio Hugo de Ouro no Festival de Cinema de Chicago e o Gran Premio no BAFICI. Seis meses en el edificio rosa con azul é a súa primeira longametraxe de ficción.
PREMIO SEBASTIANE LATINO NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN 2026