CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO · CINEASTAS DO PRESENTE
JUPITER (2026)
Alexandre Smia
Francia / 87 min / Francés, inglés, ruso
Ficha artística:
Denis Ménochet, André Dussollier, Reda Kateb, Dominique Blanc, Ella Rumpf, Frédéric Pierrot, Céline Sallette, Cédric Kahn, Jérémy Lopez
Ficha técnica:
Guión: Alexandre Smia e Thomas Finkielkraut
Fotografía: Nicolas Loir
Edición: Pierre Deschamps
Produción: Nicolas Dumont e Hugo Sélignac
Sinopse:
O recentemente elixido presidente francés, Paul Archambault, é convocado ao búnker antinuclear Jupiter, situado baixo o palacio do Elíseo, para afrontar unha crise internacional. Tras un intento de asasinato contra o presidente ruso, Moscova culpa a Ucraína e prepárase para responder. A tensión aumenta e a ameaza dunha guerra nuclear faise inminente. Archambault e os seus asesores políticos e militares deben tomar unha decisión da que depende o destino da humanidade.
Alexandre Smia é un guionista e director francés. Desenvolveu boa parte da súa carreira no eido televisivo, con traballos en series como Le bureau des légendes e Une affaire française, da que foi creador e guionista. Tamén participou na escritura de Si tu vois ma mère e 13 jours, 13 nuits (2025), de Martin Bourboulon. Como cineasta, dirixiu as curtametraxes Jeu d’esprit e La dernière nuit (2018). Jupiter é a súa primeira longametraxe.