CINEUROPA
PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
TRALOVENTO (2026)
Eloy Domínguez Serén
España, Grecia, Portugal / 105 min / Galego
Ficha artística:
Melania Cruz, Xosé Barato, Gonzalo Uriarte, Mónica García
Ficha técnica:
Guión: Eloy Domínguez Serén e Meritxell Colell
Fotografía: Sara Gallego
Edición: Raúl Barreras
Produción: Felipe Lage Coro, Vicky Miha, Luís Costa e André Guiomar
Sinopse:
Tras a morte do seu pai nun incendio que destrúe a casa familiar, Ana regresa á súa aldea natal coa intención de volver a Vigo despois do funeral. Porén, decide quedar e implicarse no conflito que divide a veciñanza ante o proxecto dunha empresa eléctrica para instalar un parque eólico que afectaría as terras da súa familia. Ao asumir o control do taller mecánico familiar e reconstruír a casa, Ana enfróntase a un pasado doloroso e cuestiona o seu sentido de pertenza, mentres descobre unha capacidade de loita e un espírito colectivo que descoñecía.
Eloy Domínguez Serén comezou a súa carreira como crítico de cinema e cofundou e codirixiu a revista A Cuarta Parede. Trasladouse a Estocolmo en 2011, onde realizou varias curtametraxes antes de dirixir No cow on the ice (2015), estreada en Visions du Réel. A súa seguinte longametraxe, Hamada (2018), estreouse no IDFA e recibiu premios en festivais como Cinéma du Réel, o Festival de Xixón e Porto/Post/Doc. Máis recentemente, dirixiu as curtametraxes Os corpos (2020), estreada no IDFA, e Rompente (2022), premiada como mellor curtametraxe de ficción no Festival de Málaga e no Festival de Cans.
ESTREA NO FESTIVAL DE MORELIA (MÉXICO) 2026
SECCIÓN OFICIAL A COMPETICIÓN DO FESTIVAL DE SEVILLA 2026
Con presentación e coloquio