TODO PODE ESPERAR

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

TODO PODE ESPERAR (2026)

Borja Casal

España / 87 min / Galego

Participan:

César Morán, Manuel Rivas, Quico Cadaval, Claudio Rodríguez Fer, Xurxo Souto, Carolina Rubirosa

Ficha técnica:

Guión: Borja Casal e Diego Guerrero

Fotografía: Marcos Estebo

Edición: Adolfo Fernández Piñeiro

Produción: Laura Pazienza, Borja Casal, Adolfo Fernández Piñeiro e Marcos Estebo

Sinopse:

César Morán é profesor de Lingua xubilado, músico e cantautor. Aínda que hai décadas tivo que deixar atrás o soño de vivir da música, nunca renunciou a ela. Agora, aos 72 anos, prepárase para gravar un novo disco con composicións propias. A través das súas cancións, dos recordos e das persoas que o acompañaron ao longo da vida, o documental retrata unha paixón que atravesa xeracións e reivindica a importancia de non renunciar aos propios soños.

Borja Casal é xornalista, guionista e cineasta. Traballou en medios como La Voz de Galicia, Luzes e Radio Coruña-Cadena SER, e en produtoras audiovisuais en tarefas de produción, desenvolvemento, guión e dirección. Tamén participou en programas como Cos pés na terra e Historias de aquí, e codirixiu Recollendo músicas, recoñecido como mellor programa nos Premios Mestre Mateo de 2025. Por Todo pode esperar recibiu o I Premio José Gil de audiovisual da Deputación da Coruña na categoría de guión de longametraxe documental.


Con presentación e coloquio

 

Duración: 
87 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

- Para as proxeccións de todas as salas:

  • compostelacultura.gal
  • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
  • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 

- En cada sala, para as proxeccións dese espazo:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
  • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal

ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Luns, 9 Novembro, 2026
19:45
Salón Teatro
MULTIMEDIA