CINEUROPA
PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
PRISCILIANO E A GALLAECIA (2025)
Aser Álvarez
España / 26 min / Galego
Participan:
Diego Piay Augusto, Margarita Baronha Simões, Francisco Fabián, Enrique J. Montenegro Rúa, Hernán Giudice, Victorino Pérez, María José Bravo Bosch, María Victoria Escribano Paño, Klaus Martin Girardet, Alberto Ferreiro, María Veronese, Sylvain J. G. Sánchez, Juan Carlos Martínez Llamazares, Tono Correa Corredoira
Ficha técnica:
Guión: Aser Álvarez
Fotografía: Aldán Delgado
Edición: Aldán Delgado
Produción: Arraianos Producións
Sinopse:
O documental percorre os lugares vinculados á vida e á morte de Prisciliano, o bispo da Gallaecia condenado a morte no século IV. A través de fontes históricas, investigacións de especialistas e visitas a diferentes xacementos arqueolóxicos, o filme afonda na súa figura, no seu pensamento e no contexto histórico no que viviu, cuestionando a visión tradicional que o presentou como herexe e achegando ao público un episodio fundamental da historia antiga de Galicia.
Aser Álvarez é cineasta, xornalista, guionista e produtor, socio fundador de Arraianos Producións e director do Foro Internacional de Cultura Rural. Ao longo da súa traxectoria traballou en prensa, radio e televisión e desenvolveu proxectos documentais, editoriais, expositivos e multimedia. Con 100 % CEF recibiu o Premio Mestre Mateo ao mellor documental en 2013. A súa filmografía inclúe títulos como Looking for Bill Viola (2016), Sísifo confuso. Traballos e días de Francisco Leiro (2016), Xosé Velo. O libertador ibérico (2022), O camiño de Prisciliano. Tralas pegadas de Ramón Chao (2023) e Julio Camba. O home que non quería ser nada (2025). O seu traballo céntrase especialmente na recuperación da memoria cultural e na divulgación de figuras relevantes da historia galega.
Con presentación e coloquio