CINEUROPA
PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
O SONHO DA RAZOM (2026)
Alberte Pagán
España / 70 min / Galego, hebreu, castelán, inglés, francés
Participan:
Manu López, Thiago Ávila, Flotilha Sumud Global, Bezalel Smotrich, Moshe Feiglin, Benjamin Netanyahu
Ficha técnica:
Guión, fotografía e edición: Alberte Pagán
Produción: Flotilha Sumud Global e Cris Lores
Sinopse:
O sonho da razom naceu como unha investigación formal minimalista a partir dunha fotografía tomada no mar de Galilea en 1886. Durante a montaxe, a película foi incorporando novos materiais ata converterse, a partir das imaxes das cámaras de seguridade da Flotilla Sumud Global de 2025, nun complexo ensaio sobre os monstros da razón sionista. O filme é tamén unha indagación sobre a materialidade dos soportes audiovisuais e, polo tanto, sobre a nosa maneira de mirar, interpretar a información visual e sonora e aprehender a historia. Porque a política é a historia en estado presente.
Alberte Pagán é escritor e cineasta e unha das figuras de referencia do cinema experimental galego. A súa filmografía inclúe Bs. As., galardoada co Premio de Cinema-Ensaio Román Gubern en 2007 e considerada unha das obras fundacionais do Novo Cinema Galego; Tanyaradzwa (2009), premio ao mellor documental galego no festival Play-Doc; e A pedra do lobo (2010), A fundamental error (2016), Uluru e Elefante, recoñecidas en diferentes festivais. En 2016 recibiu o Premio da Crítica de Galicia pola súa traxectoria cinematográfica; en 2021, o Premio Cineuropa, e en 2025, o Premio Bernardino de Lamas.
Con presentación e coloquio