MONSTRO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

MONSTRO (2026)

Andrés Goteira

España / 75 min / Galego

Ficha artística:

Antonio Durán «Morris», Iván Marcos

Ficha técnica:

Guión: Andrés Goteira e Alicia Albares

Fotografía: Lucía C. Pan

Edición: Marta Valverde

Produción: Laura Doval, Suso López, Andrés Goteira, Alberto Díaz e Sara Horta

Sinopse:

Un home chega a unha casa illada en plena natureza e decide instalarse nela. Séntese cómodo na soidade deste estraño fogar. Nas proximidades hai unha misteriosa fraga habitada por unha criatura ancestral. A curiosidade de ambos lévaos a un encontro que desencadea un enfrontamento inevitable.

Andrés Goteira debutou na longametraxe con Dhogs (2017), un filme que acadou unha ampla repercusión no circuíto internacional de festivais e obtivo numerosos premios, entre eles trece Mestre Mateo. En 2021 estreou Welcome to ma maison, un falso documental premiado no Festival de Xixón.

SECCIÓN EMBRUXO DO FESTIVAL DE SEVILLA 2026


Con presentación e coloquio

Duración: 
75 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal


ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Venres, 20 Novembro, 2026
20:15
Salón Teatro
MULTIMEDIA