CINEUROPA
PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
LODEIRO (2026)
Alex Penabade e David Hernández
España / 46 min / Galego
Participan:
Correa Corredoira, Ánxeles Penas, Ánxel Huete, Román Pereiro, Miguel Anxo Rodríguez, Carlos Bernárdez, Victoria Rodríguez, Ruth Lodeiro, Carlos Vilas
Ficha técnica:
Guión: Alex Penabade e David Hernández
Fotografía: David Hernández
Edición: Alex Penabade
Produción: Xosé Telmo Lodeiro
Sinopse:
Trinta anos despois da súa morte, o documental recupera a figura de Xosé Lodeiro, un dos pintores máis singulares da arte galega contemporánea. A través de testemuños da súa familia, de artistas, críticos, comisarios e coleccionistas, o filme percorre as distintas etapas da súa obra e a súa evolución creativa, ao tempo que se achega á personalidade do artista. Con fotografías familiares, materiais de exposicións e lembranzas de quen o coñeceu, constrúe un retrato coral que vai máis alá da súa pintura para descubrir a persoa que había detrás dela.
Alex Penabade e David Hernández son fundadores de Adarme Visual, produtora especializada na creación e produción de contidos audiovisuais.Alex Penabade traballa como realizadora, montadora e operadora de cámara, con experiencia en documentais, proxectos culturais, publicidade e fashion films. David Hernández é realizador, director de fotografía e guionista, cunha ampla traxectoria en cinema, televisión e publicidade, que compaxinou coa docencia. En 2018 dirixiu a súa primeira longametraxe de ficción, La felicidad de los perros, estreada no Festival de Xixón, onde recibiu o Premio DCP DeLuxe do Xurado Español.
Con presentación e coloquio