CINEUROPA
PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
DIE GÄSTE / THE GUESTS / OS INVITADOS (2026)
Stefan Butzmühlen e Cristina Diz
Alemaña, España / 95 min / Alemán, castelán, galego
Ficha artística:
Greta Fernández, Jan Bülow, Mercedes Castro, Darío Loureiro, Santi Prego
Ficha técnica:
Guión: Stefan Butzmühlen e Cristina Diz
Fotografía: Rui Poças
Edición: Christoph Cepok e Rainer Nigrelli
Produción: Begüm Bakirci, Viola Fügen, Cécile Tollu-Polonowski, Michael Weber e Luisa Romero
Sinopse:
Alemaña Occidental, 1973. Iria e Hajo están namorados. Cando a nai de Iria sofre un grave accidente na fábrica de automóbiles onde traballa, Iria decide levala de volta á aldea galega que ambas abandonaron hai moitos anos. Hajo, desexoso de demostrar a súa solidariedade, ofrécese a conducilas. Unha viaxe por estrada que comeza como un acto de esperanza pronto deixa ao descuberto as fendas da parella. Un filme sobre as relacións de poder que conectan os vivos cos mortos, as mulleres coas meigas e o pasado co presente.
Cristina Diz é cineasta e investigadora. Tras graduarse en Comunicación Audiovisual na Universitat Pompeu Fabra, completou o programa Taller Ludwigsburg-París e actualmente realiza un doutoramento na Universidade Goethe de Frankfurt.
Stefan Butzmühlen é cineasta e cofundador da produtora e distribuidora Grandfilm. Formouse como actor en Viena e como director na HFF de Potsdam, e compaxina o cine co teatro e a creación radiofónica. En 2012, ambos codirixiron a curtametraxe Reconstruction e a súa primeira longametraxe, Sleepless knights (2012), foi estreada na sección Forum do Festival de Berlín. Os invitados é a súa segunda longametraxe conxunta.
SECCIÓN MADE IN SPAIN DO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN 2026
SECCIÓN CINECOPRO DO FESTIVAL DE MÚNIC
Con presentación e coloquio