CINEUROPA
PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
CONVERSATIONS WITH THE DEAD (2026)
Fernando Cortizo
España / 78 min / Inglés
Participan:
Anabela Cardoso, Bernard Carr, Arno Kersten
Ficha técnica:
Guión: Fernando Cortizo. Baseado no libro Conversacións de Friedel cos mortos de Anabela Cardoso e Anders Leopold
Fotografía: Fernando Cortizo
Edición: Fernando Cortizo
Produción: Isabel Rey, Anabela Cardoso e Jonathan Beecher
Sinopse:
Friedrich Jürgenson foi un pintor e cantante de ópera sueco, pioneiro na investigación das chamadas voces psicofónicas, coñecidas internacionalmente polas siglas inglesas EVP (electronic voice phenomena). Este fenómeno, obxecto das súas investigacións, baséase na hipótese de que as persoas falecidas poderían comunicarse co mundo físico a través de dispositivos electrónicos como gravadoras, radios, ordenadores e televisores. O documental percorre a vida e o traballo de Jürgenson, desde as primeiras gravacións ata os resultados que espertaron a atención dos medios de comunicación internacionais. A través do seu legado e de entrevistas con especialistas, a película achégase a unha das investigacións máis singulares do século XX.
Fernando Cortizo leva tres décadas dedicado á produción audiovisual. En 2007 fundou a súa propia produtora, coa que realizou O Apóstolo (2012), a primeira longametraxe europea de animación estereoscópica en stop motion, recoñecida con numerosos premios internacionais. Na súa filmografía documental figuran O camiño de Terry (2016) e Buscando a Santa Compaña (2024). Durante a investigación para o proxecto Memento Mori, coñeceu a Anabela Cardoso e o seu libro sobre Jürgenson, un encontro que deu orixe a Conversations with the dead.
Con presentación e coloquio