MORAGHEB/ FALLING HOUSE

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

PANORAMA INTERNACIONAL

MORAGHEB / FALLING HOUSE (2026)

Mohsen Gharaei

Irán, Estados Unidos, Alemaña / 124 min / Persa

Ficha artística:

Farhad Aslani, Laleh Marzban, Rima Raminfar, Elena Khakbazan

Ficha técnica:

Guión: Amir Mohammad Abdi e Mohsen Gharaie

Fotografía: Farshad Mohammadi

Edición: Emad Khodabakhsh e Evelyn Rack

Produción: Daya Fernandez, Milad Khosravi, Amaury Nolasco, Odessa Rae e Alois Rubenbauer

Sinopse:

Unha familia humilde dos arredores de Teherán enfróntase á inminente demolición da súa casa, afectada por un proxecto de renovación urbanística. Mentres, o pai, Rashid, funcionario de prisións, é acusado de corrupción e descobre que a súa filla maior, Ensi, planea en secreto abandonar Irán para traballar como modelo. A medida que as escavadoras se achegan, a tensión no fogar vai en aumento.

Mohsen Gharaie debutou na longametraxe como codirector de Don’t be tired! (2013), con Afshin Hashemi, e asinou o seu primeiro filme en solitario con Blockage (2017), gañador do premio á mellor película na sección Novas Correntes do Festival de Busan. En 2019, coescribiu Castle of dreams, premiada polo seu guión no Festival de Fajr. Posteriormente, dirixiu Majority (2021), recoñecida con varios galardóns no mesmo certame.

PREMIO HORIZONTES Á MELLOR ACTRIZ (LALEH MARZBAN) NO FESTIVAL DE VENECIA 2026

 

 

Duración: 
124 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

- Para as proxeccións de todas as salas:

  • compostelacultura.gal
  • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
  • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 

- En cada sala, para as proxeccións dese espazo:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
  • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal

ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Luns, 16 Novembro, 2026
16:00
Teatro Principal
Sábado, 21 Novembro, 2026
22:45
Salón Teatro
MULTIMEDIA