CINEUROPA
PANORAMA INTERNACIONAL
AS VITRINES (2025)
Flávia Castro
Brasil / 110 min / Portugués, castelán
Ficha artística:
Gael Nórdio, Helena O’Donnell, Ema Castro Pérez, Letícia Colin, Roberto Birindelli, Gabriel Godoy, Marina Provenzzano, Marcos de Andrade, Eduardo Paxeco
Ficha técnica:
Guión: Flávia Castro
Fotografía: Heloísa Passos
Edición: Marilia Moraes
Produción: Flávia Castro, Marcello Ludwig Maia e Ilda Santiago
Sinopse:
Chile, 1973. Pouco despois do golpe militar de Pinochet, centos de militantes de esquerda latinoamericanos refúxianse na embaixada arxentina á espera dun visado para abandonar o país. Para Pedro e Ana, de 12 e 11 anos, respectivamente, este confinamento forzoso convértese nun paréntese temporal. Xuntos experimentan unha liberdade inesperada, mentres intentan afrontar as rupturas que o golpe provocou nas súas vidas.
Flávia Castro, cineasta brasileira criada no exilio, traballa entre o documental e a ficción. Debutou na longametraxe con Diário de uma busca (2011), documental premiado en numerosos festivais internacionais. A súa primeira ficción, Deslembro (2018), estreouse na sección Horizontes do Festival de Venecia. Con As vitrines, continúa a exploración da memoria, o exilio e as consecuencias das ditaduras latinoamericanas.