CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
THE LONELIEST MAN IN TOWN (2026)
Tizza Covi e Rainer Frimmel
Austria / 86 min / Alemán
Ficha artística:
Alois Koch, Brigitte Meduna, Alfred Blechinger, Flurina Schneider
Ficha técnica:
Guión: Tizza Covi
Fotografía: Rainer Frimmel
Edición: Tizza Covi e Emily Artmann
Produción: Tizza Covi e Rainer Frimmel
Sinopse:
Al Cook vive rodeado de recordos. O seu apartamento está ateigado de libros, cintas de vídeo e discos de vinilo: vestixios dunha vida que viviu plenamente. Aquí, o tempo parece deterse mentres, máis alá destas catro paredes, o mundo segue adiante. Cando unha inmobiliaria sen escrúpulos decide derrubar a súa casa, arrebátalle o seu refuxio. Mentres Al debe desprenderse dos seus tesouros un a un, formúlase unha pregunta dolorosa: como seguir adiante cando os recordos son o único que queda? Ante a perda total, elixe comezar de novo de maneira radical.
Tizza Covi e Rainer Frimmel son unha parella de cineastas que traballan conxuntamente desde finais dos anos noventa. Debutaron na longametraxe con Little girl (2009), que recibiu o premio Label Europa Cinemas na Quincena de Cineastas de Cannes. En 2012 dirixiron The shine of day, pola que Walter Saabel obtivo o premio ao mellor actor no Festival de Locarno. Mister Universo (2016) recibiu o premio FIPRESCI en Locarno. Posteriormente realizaron Notes from the underworld (2020), seleccionada en Panorama Documental da Berlinale, onde obtivo unha mención especial. En 2022 presentaron Vera na sección Horizontes de Venecia, onde recibiron os premios á mellor dirección e á mellor actriz.
SECCIÓN ZABALTEGI-TABAKALERA DO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN 2026