CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
SOUDAIN / ALL OF A SUDDEN / DE SÚPETO (2026)
Ryūsuke Hamaguchi
Francia, Xapón, Alemaña, Bélxica / 196 min / Francés, xaponés
Ficha artística:
Virginie Efira, Tao Okamoto, Kyôzô Nagatsuka, Kodai Kurosaki, Jean-Charles Clichet, Marie Bunel
Ficha técnica:
Guión: Ryūsuke Hamaguchi e Léa Le Dimna
Fotografía: Alan Guichaoua
Edición: Azusa Yamazaki
Produción: Renan Artukmaç, Bettina Brokemper, Charlotte Dauphin, Julien Deris, David Gauquié, Hiroko Matsuda, Jean-Luc Ormières, Kôsuke Oshida, Joseph Rouschop e Yûji Sadai
Sinopse:
Marie-Lou, directora dunha residencia de maiores, tenta implantar un modelo de atención baseado na escoita e no respecto á dignidade, malia as resistencias do seu equipo. O encontro con Mari, unha directora teatral que loita contra o cancro, dará lugar a unha profunda amizade que as levará a afrontar xuntas o imposible.
Ryūsuke Hamaguchi acadou recoñecemento internacional con Happy hour (2015) e Asako I & II (2018). En 2021, A ruleta da fortuna e da fantasía gañou o Gran Premio do Xurado na Berlinale, e Drive my car obtivo o premio ao mellor guión en Cannes e o Óscar á mellor película internacional. Con O mal non existe (2023), recibiu o Gran Premio do Xurado en Venecia. A súa filmografía explora as relacións humanas e a complexidade dos sentimentos.
MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA (VIRGINIE EFIRA E TAO OKAMOTO) NO FESTIVAL DE CANNES 2026
PREMIO RTVE-OUTRA OLLADA NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN 2026