CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
MOULIN (2026)
László Nemes
Francia / 130 min / Francés, alemán
Ficha artística:
Gilles Lellouche, Lars Eidinger, Louise Bourgoin, Marcin Czarnik, Max Warburton, Félix Lefebvre, Hortense Quentin de Gromard, Théo Costa-Marini, Izabella Caussanel
Ficha técnica:
Guión: Olivier Demangel
Fotografía: Mátyás Erdély
Edición: Péter Politzer
Produción: Alain Goldman
Sinopse:
En xuño de 1943, Jean Moulin, unha das principais figuras da Resistencia francesa, é detido mentres tenta unificar as forzas do Exército Secreto. Interrogado por Klaus Barbie, xefe da Gestapo en Lyon, vese arrastrado a un enfrontamento implacable marcado pola manipulación e a brutalidade. Comeza así a súa última batalla, da que depende o destino da Francia Libre.
László Nemes é un director e guionista húngaro. Debutou na longametraxe con O fillo de Saúl (2015), que gañou o Gran Premio do Xurado no Festival de Cannes e o Óscar á mellor película internacional. Posteriormente dirixiu Atardecer (2018) e Orphan (2025), obras coas que continuou explorando a memoria histórica e os conflitos da Europa do século XX.
SECCIÓN OFICIAL DO FESTIVAL DE CANNES 2026