CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
LEJOS DE LOS ÁRBOLES (2026)
Meritxell Colell
España, Italia, Perú / 117 min / Castelán, catalán, quechua
Ficha artística:
Angélica Castelló, Ainet Jounou, José Luis López
Ficha técnica:
Guión: Meritxell Colell
Fotografía: Julián Elizalde
Edición: Meritxell Colell e Ana Pfaff
Produción: Mayca Sanz, Iris Martín-Peralta e Carolina Denegri
Sinopse:
Adela, unha artista sonora mexicana, percorre o Perú desde a selva ata os Andes xunto a Lucho, guía e tradutor. Seguindo o legado do seu avó —un republicano exiliado en México—, tece un mapa sonoro de linguas en perigo de extinción. Cando recibe noticias sobre o deterioro da saúde da súa avoa, a realidade comeza a fragmentarse. A viaxe transfórmase nun tránsito íntimo que a enfronta á memoria, ao dó, ao desarraigamento e á identidade.
Meritxell Colell é directora e montadora. A súa primeira longametraxe, Con el viento (2018), estreouse na Berlinale e obtivo o premio á mellor película no Festival de Málaga. En 2020 codirixiu con Lucía Vassallo Transoceánicas e en 2022 presentou Dúo, pola que recibiu o premio á mellor dirección en Málaga. Ese mesmo ano participou no proxecto Sinfonías de ciudad do CCCB con La ciutat a la vora.
PREMIO FIPRESCI E PREMIO XERRA DE OURO Á MELLOR PELÍCULA NO FESTIVAL DE LOCARNO 2026