CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
BUTTERFLY JAM (2026)
Kantemir Balagov
Francia, Estados Unidos / 102 min / Inglés, circasiano
Ficha artística:
Barry Keoghan, Talha Akdogan, Riley Keough, Harry Melling, Jaliyah Richards
Ficha técnica:
Guión: Kantemir Balagov e Marina Stepnova
Fotografía: Jomo Fray
Edición: Kantemir Balagov, Mathilde Chazaud e Juliette Welfling
Produción: Pascal Caucheteux, Pauline Lamy, Marco Perego e Alexander Rodnyansky
Sinopse:
Un adolescente circasiano-estadounidense de Nova Jersey compaxina o traballo no restaurante familiar, que atravesa dificultades, coas súas aspiracións na loita libre. Un día, unha decisión impulsiva do seu pai, un home afeito a buscarse a vida como pode, cambiará o rumbo da súa existencia e obrigarao a afrontar cuestións relacionadas co orgullo, o legado familiar e a masculinidade.
Kantemir Balagov é un realizador, guionista e director de fotografía ruso. Debutou na longametraxe con Closeness (2017), estreada na sección Unha Certa Ollada do Festival de Cannes, onde recibiu o premio FIPRESCI. A súa segunda película, Beanpole (2019), ambientada en Leningrado tras a Segunda Guerra Mundial, foi recoñecida co galardón á mellor dirección na mesma sección de Cannes e co premio FIPRESCI.
SECCIÓN QUINCENA DE CINEASTAS DO FESTIVAL DE CANNES 2026