Portada
Música
Escena
Visual
Cinema
Familia
Didáctica
Patrimonio
Acceso usuarios/as
Axenda C
Calendario
Buscador
Contacto
Aviso legal
PORTAL INSTITUCIONAL
Auditorio de Galicia
Teatro Principal
Zona C
Alugueiro de salas
Compostelánea
Sede Electrónica
Portal de Transparencia
Banda Municipal
Cineuropa
Curtocircuito
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia
Xornadas de Música Contemporánea
e-auditoriodegalicia.net
CARAMUXO TEATRO Idade recomendada:a partir de 4 anos Duración: 40 min Lingua: galego
A Tropa C na Casa
Os Senteito é o novo espectáculo de Caramuxo Teatro, unha comedia con máscaras e sen texto que aborda a importancia da convivencia entre diferentes e o dereito á vivenda. O señor Senteito vive nun pequeno contedor nunha pequena parcela do seu mundo vendo o día a día pasar. A súa rutina, aparentemente tranquila e ordenada, cambia coa chegada da señora Senteito. O encontro entre ambos dará lugar a situacións cómicas e inesperadas nas que descubrirán que compartir un espazo tamén significa aprender a convivir, aceptar as diferenzas e buscar novas formas de relacionarse. Ao longo da súa traxectoria, Caramuxo Teatro desenvolveu unha liña específica de creación de espectáculos para bebés e público familiar, combinando diferentes linguaxes escénicas como o teatro de actor, os títeres, as máscaras e a danza. As súas creacións caracterízanse polo seu carácter poético e visual e polo compromiso cun teatro de calidade para os máis novos, incorporando tamén unha dimensión cultural e didáctica que favorece o achegamento e a fidelización do público.