ELARA, UNHA VIAXE ÁS ESTRELAS

DATOS BÁSICOS

MAR-MAR TEATRO
Idade recomendada:a partir de 3 anos
Duración: 50 min 
Lingua: castelán

A Tropa C no patio de butacas

Elara coñecerá demasiado cedo o significado da palabra perda. Alguén preto dela converterase en po de estrelas. Atravesando planetas e galaxias, fará unha viaxe un tanto espacial coma especial na busca do sentido da vida, aínda que para isto teña que superar as fases (e desfases) do loito.

Elara, unha viaxe ás estrelas é unha historia tratada dende a pedagoxía, con humor e en forma de canción que fala sobre a perda, sexa persoal, material ou psicolóxica. Unha homenaxe ás persoas maiores da familia, coidadoras incansables das nosas crianzas. Unha viaxe á aceptación e unha aprendizaxe de vida. 


 

 

Duración: 
50 min (aprox)
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do seu comezo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Sábado, 29 Maio, 2027
Auditorio de Galicia